miércoles, 14 de mayo de 2014

Un rap polos dereitos

Hoxe compartimos con vós a nosa pequena obriña de arte, na que mediante a música e o teatro intentamos facer chegar a nosa reivindicación dos mesmos dereitos para todos e cada un dos habitantes do mundo.
Esperamos que vos guste, e que comprendades a nosa mensaxe.
Graciñas!






Únete ao noso bando
de futuros gañadores
loitemos contra o espanto
dos torturadores.

Un home que é machista
é un desperdicio humano
contra a muller que loita
nunha batalla en vano.

Situacións destas
día a día velas
aínda que non o queiras
a loita non será eterna.

Únete ao noso bando
de futuros gañadores
loitemos contra o espanto
dos torturadores.

O negro non é luto
nin o amarelo enfermo
o branco non é duro
todos sonche o mesmo.

Aquí e acolá
a cousa no é igual
axudaremos a lograr
unha emancipación final.

Únete ao noso bando
de futuros gañadores
loitemos contra o espanto
dos torturadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario